Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de Redondela pola presunta violación a unha menor de 16 anos en Salceda

RR_Noticias

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado luns, cando a moza denunciou ser vítima dunha agresión sexual no transcurso dunha festa de entroido. O presunto agresor, de 27 anos, pasará hoxe a disposición xudicial.

O suceso tivo lugar na madrugada do luns, no transcurso dunha celebración de entroido. Ao parecer durante a festa o home gañouse a confianza da menor, natural de Salvaterra. Nun momento dado logrou convencela para acudir a un lugar máis apartado e unha vez alí forzouna ata consumar a violación. A moza, segundo dixo, opuxo resistencia, pero non puido zafarse do seu agresor, máis forte ca ela. Unha vez ocorridos os feitos, a moza alertou a varios coñecidos, que avisaron á Garda Civil. A vítima foi trasladada nunha ambulancia ao centro médico do Porriño e de alí ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi sometida a exploración. Grazas á descrición que facilitou, a última hora de onte os axentes xa identificaran a un mozo de Redondela como presunto autor. Esta mañá procedeuse á detención do presunto autor, V.M.C, un home de 27 anos, que se prevé que na mañá deste mércores sexa posto a disposición do xulgado do Porriño, en funcións de garda.. A investigación corre a cargo do Equipo de Muller e Menores (EMUME) da Comandancia de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará