Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG asesora aos veciños ante a chegada dos primeiros recibos do “catastrazo”

RR_Noticias

Nos últimos días están chegando as cartas procedentes da dirección xeral do catastro coa actualización que afecta a numerosas vivendas no concello de Redondela. Explican dende o BNG que teñen confirmación da chegada de recibos ás parroquia do Viso, Ventosela, Chapela e Cesantes”, afirma, unha revisión castastral que “supoñemos que nas vindeiras semanas chegarán á totalidade da veciñanza e que vai supoñer un significativo aumento da taxa anual”. Denuncian que o goberno local non puxera en marcha un punto de información para asesorar aos afectados en Chapela, tal e como así se acordara en pleno, e anuncian “unha campaña de asesoramento para presentar as alegacións” que arrancará este xoves en Chapela.

Este xoves día 2 ás 19:00 horas e o vindeiro 9 de marzo desenvolverán no Multiúsos de Chapela actos informativos sobre o catastrazo e tamén asesorarán aos veciños que se acheguen ao seu local a partir das 18:00 horas “manteremos este servizo durante todo o tempo que sexa necesarios para que aqueles veciños e veciñas aos que lles queiran cobrar inxustamente, poidan presentar alegacións”.
O responsable local do BNG, Anxo Lusquiños lembra que esta actualización catastral suporá un incremento nos recibos de moitos veciños aos que se lles comezará a cobrar o IBI por elementos que até o de agora ficaban exentos deste tributo como galiñeiros, galpóns, pendellos ou mesmo churrasqueiras. A medida suporá un importante impacto para as familias, que deberán pagar unha taxa de regularización de 60 euros ademais de pasar a computar ese elemento como unha construción máis gravada co IBI.
Os nacionalistas solicitaron no pleno que un traballador do concello asesorase aos afectados que quixeran alegar contra o tributo. O PP rexeitou esta proposta argumentando que este servizo xa se ofrece na oficina de recadación municipal, algo que o Bloque considera insuficiente. Con todo, Lusquiños demanda que se dea este servizo tamén en Chapela e que se abra nesta parroquia unha oficina informativa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará