Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido desafía ao mal tempo con humor, festa e lume

RR_Noticias

Un martes de entroido quizais menos concorrido que en anos anteriores a consecuencia do mal tempo pero no que non faltou o bo humor e a orixinalidade que se puido observar no concurso de disfraces no que resultou gañador un “galo portugués” na categoría individual, uns “cabaleiros medievais montados sobre os seus cabalos” en parellas e unha familia de “Power Rangers” que se fixo co premio ao mellor conxunto. A tradicional queima do meco puxo punto e final á programación do entroido no casco urbano, celebracións que continuarán o vindeiro sábado na parroquia de Chapela co enterro do berete e nas diferentes parroquias con citas durante toda a fin de semana.

Unha programación que estivo en cuestión durante toda a mañá, nun martes no que as chuvias foron intensas. Con todo, a melloría notable do tempo de cara a tarde permitiu a celebración das actividades previstas, entre elas a queima do meco, un Don Quijote subido co seu cabalo a un Vitrasa e que quere representar ao alcalde de Vigo e o conflito co transporte metropolitano. Un meco que foi devorado polas lapas nun espectáculo de lume e música a cargo da compañía Troula e que foi seguido dunha espectacular tirada de fogos de artificio.
Previamente celebrouse o concurso de disfraces, no que os participantes desfilaron nunha improvisada pasarela diante do concello. Moita orixinalidade entre os candidatos, como o disfraz merecedor do primeiro premio na categoría individual, o galo portugués de Leonardo Cancelas, do mesmo xeito que a “Fantasía de mariscos” de Dinna Gesteira, que se levou o segundo premio.
Aínda máis vistosos os disfraces presentados na categoría de parellas, na que os gañadores foron uns cabaleiros medievais mentres que no segundo lugar clasificáronse unhas orixinais bateas.
Por último, na categoría de grupos o primeiro premio foi para unha familia de “Power Rangers” seguidos dun “bosque encantado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará