Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa Paco celebra o seu 35 aniversario cunha exposición no Multiúsos

RR_Noticias

Unha mostra na que se recollen imaxes fotográficas, recortes de prensa, trofeos, camisetas… e outros obxectos representativos dun club que é toda unha institución no noso concello baixo a dirección de Manolo Conde e pola que pasaron xeracións e nenos e nenas nestes 35 anos de vida. A exposición inaugúrase este venres ás 19:00 horas e poderase visitar durante todo o mes de marzo.

Un club polo que teñen pasado innumerables xogadores, algún cun nome propio xa no fútbol tanto nas categorías masculinas como femininas. Xogadores como Pauleta, María Figueroa, Bruno Rivada, Pelayo, Iago Bouzón, Pablo Couñago, Sergio Lloves, Mateo, Caloi ou Yerai que levan impresa a filosofía que o club implantou e que Conde resume coas palabras “deporte, convivencia, amizade”. Un orgullo, recoñece, que xogadores de tanto nivel se teñan formado nas filas do Casa Paco, aínda que as súa satisfacción principal é saber que  o club tenlle dado a moitos rapaces a posibilidade de gozar do deporte e afastarse de influencias nocivas.  

Manolo Conde Casa Paco 81
Unha exposición con imaxes dos xogadores que pasaron polo club
Deporte convivencia amizade
É o lema do Casa Paco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará