Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Libre con cargos o mozo de Redondela detido como presunto autor dunha violación a unha menor

RR_Noticias

O mozo, V.M.C.Z. de 26 anos de idade e veciño de Redondela pasou onte a disposición do Xulgado de Instrución número 2 do Porriño por un presunto delito contra a liberdade sexual. O Xulgado decretou a súa posta en liberdade con cargos, impoñéndolle como medidas cautelares a obriga de comparecer semanalmente ante o xulgado e a retirada do pasaporte. Os feitos tiveron lugar na madrugada do paso luns  cando o investigado tería agredido sexualmente a unha menos de 16 anos  durante unha festa de carnaval en Salceda de Caselas.

O mozo foi detido horas despois, na tarde do martes logo de que a propia menor trasladara os feitos a unha patrulla da Garda Civil. Segundo o relatado pola vítima “o mozo, logo de gañares a súa confianza, levouna a un lugar apartados e forzouna sen o seu consentimento”. A menor foi atendida no PAC de Porriño e posteriormente trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, onde lle praticaron as probas pertinentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará