Trinta e cinco anos de historia do grupo e do deporte local que se reflicten nos numerosos obxectos que compoñen o seu museo e que pasarán a mans do concello, como exemplo dunha das entidades deportivas máis importantes de Redondela. Parte dese legado pódese visitar até o 31 de marzo no Multiusos da Xunqueira.
O responsable do club, Manuel Conde, aproveitaba a inauguración desta mostra na que se recollen imaxes fotográficas, recortes de prensa, trofeos e camisetas entre outros obxectos para anunciar que cede ao Concello a titularidade do museo, actualmente ubicado no antigo restaurante Casa Paco. O obxectivo é ubicalo noutro espazo que permita a súa exposición e mellor acceso apra todos os que queiran visitalo. O alcalde recollía a encomenda e anunciaba que a partir de agora iniciarán o proceso de estudar onde instalar todo ese material que Conde foi reunindo ao longo deste 35 anos de historia da institución, pola que pasaron xeracións de nenos e nenas, algúns deles xa avós a día de hoxe.