Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela reclama ao concello unha oficina informativa do catastro

RR_Noticias

Presentaron unha solicitude no concello ante as queixas dos veciños da parroquia “que demandan información sobre a nova revisión catastral que se está levando a cabo dentro do Plan de Regularización Extraordinario. Lembran que a posta en marcha deste servizo fora aprobada en pleno co obxecto de  “prestar axuda e asesoramento aos veciños afectados”. O BNG asesorará aos afectados o venres no Multiúsos do Piñeiral en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Lembran que xa pasaron máis de dous meses dende que a corporación (cos votos en contra do PP) aprobara esta medida sen que ata o de agora se teña posto en marcha a oficina. Insisten en que os veciños está xa a recibir as cartas do catastro e contan tan só cun prazo de 15 días para alegar polo que entenden que o asesoramento e urxente.
Mentres dende o BNG convidan aos interesados a achegarse ao acto informativo e de asesoramento que a organización desenvolverá este venres no Multiusos do Piñeiral entre as 19:00 e as 21:00 horas aberto a todos os veciños que queiran achegarse. Tamén manteñen o seu local aberto na praza da Constitución en horario de 18:00 a 20:00 horas para asesorar e orientar aos afectados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará