O pavillón A Marisma de Redondela acolle na tarde do domingo unha xornada deportiva orientada especificamente ás mulleres. Organizada conxuntamente polas Concellería de deporte e Igualdade, o obxectivo é motivar e animar ás mulleres, independentemente da súa idade, a achegarse á práctica deportiva dun xeito lúdico e divertido. Unha actividade que arrancará ás 17:00 horas e que conta coa colaboración de diferentes clubs deportivos do concello.
Unha xornada de deporte que se celebra pro segundo ano consecutivo e que busca “vincular o día da muller coa vida e práctica deportiva feminina”. Unha master class que se desenvolverá dende as 17:00 ás 20:00 horas o domingo día 12 no novo pavillón da Marisma e na que poderán participar mulleres de todas as idades.