Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP arremete contra AER por “atacar a honra dun veciño por ser parente dun cargo do partido”

RR_Noticias

A agrupación de electores denunciaba a semana pasada a existencia dun vertido irregular nunha finca próxima ao Maceiras, acusando ao goberno municipal de “pasividade por ser propiedade de familiares dun membro do PP de Redondela”. Os populares rexeitan que exista vertido algún “tan só acumulación de terra procedente do Maceiras e das riadas que sufrimos o ano pasado” e cualifican de “irresponsable a actitude de AER” por atacar gratuitamente a un cidadán “cuxo único pecado é estar emparentado cun cargo do PP”.

Os populares aconsellan prudencia aos membros da Agrupación de Electores, sobre todo cando se fan acusacións que implican a particulares que nada teñen que ver coa política. Neste sentido aseguran que o propietario da finca en cuestión “limitouse a colaborar desinteresadamente co concello, cedendo temporalmente a súa propiedade para facer acopio de terras e materiais procedentes de obras públicas realizadas en interese dos veciños” declarou o concelleiro de Medio Ambiente que considera moi inxusto “que como pago a súa colaboración se cuestione a súa honorabilidade só porque e parente dun cargo público do PP”.
Asegura ademais o edil que “en canto se tivo coñecemento da denuncia, os servizos de vixilancia achegáronse ao lugar e comprobaron que non había cascallos nin refugallos na finca”.
Alvarez asegura que “a día de hoxe nesa finca só hai terra procedente do Maceiras e das riadas que sufrimos o pasado ano, e procederase a súa retirada en canto sexa posible. Namentras procedeuse a achandala para causar o menor impacto visual posible.”
O edil redondelán agarda que “AER faga exame de conciencia e pida desculpas por un ataque gratuíto contra un cidadán cuxo único pecado é ser parente dun cargo do PP”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará