Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inviste 19.000 euros na elaboración dun Plan estratéxico de dinamización xuvenil

RR_Noticias

A empresa Arestora Consultores será a encargada de elaborar o plan estratéxico municipal de dinamización e actuación xuvenil no prazo de 10 meses, polo que debería estar rematado a finais de ano. O concelleiro de  xuventude, Julio Mougán confía en que as primeiras liñas de actuación comecen a aplicarse en seis meses aínda que previamente a empresa xuntarase cos colectivos e cos centros educativos para coñecer as súas necesidades e opinións.

Dende a súa chegada ao departamento de Xuventude, o edil Julio Mougán amosou a necesidade de poñer en marcha un plan de dinamización para atraer aos máis novos e reactivar un departamentos que leva demasiado tempo parado. Nese camiño e logo de superar os diferentes atrancos burocráticos que se prolongaron durante meses, finamente veñen de contratar os servizos da empresa Arestora Consultores que será a encargada de realizar nos vindeiros tres meses unha diagnose da situación, unha avaliación que servirá tamén para achegarse aos mozos e coñecer os seus intereses.
Neste proceso está previsto que se celebren xuntanzas a curto prazo cos colectivos xuvenís e asociacións para coñecer a opinión dos mozos e mozas así como entrar ne contacto cos centros educativos.
O plan debería estar rematado a finais de ano, xa que a empresa adxudicataria do servizo conta cun prazo de 10 meses para a súa realización.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará