Ao detido impútaselle un delicto contra a saúde pública. No momento da detención incautáronselle 105 doses de heroína, 95 pastillas de metadona e 1.490 euros en efectivo. O detido tiña varios puntos de distribución situados ao longo da estrada de Catapeixe en Cesantes, principalmente nas urbanizacións de chalés próximas. A droga intervida alcanzaría no mercado un valor de venda superior aos 3.000 euros.
Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de trinta e oito anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio no Porriño, por un delito Contra a Saúde Pública.A investigación iniciouse a principios de mes e dentro do Plan Especial de Loita Contra o Tráfico de Drogas que esta Comisaría está a levar a cabo, tras ter coñecemento a través da colaboración cidadá da posible existencia dun punto negro de venda de drogas en diferentes zonas da estrada de Catapeixe.Como resultado do anterior e polas investigacións realizadas comprobouse que era constante a trasfega de toxicómanos pola zona, co incremento de inseguridade que iso levaba para os veciños. Durante a investigación os axentes observaron que a maioría deles dirixíanse a varias zonas de chalés próximas á devandita estrada e alí esperaban varios minutos ata a chegada dun home, co que realizaban un rápido intercambio para a continuación marcharse do lugar.Na pasada madrugada procederon a interceptar e identificar a este home que levaba 105 dose de heroína, 95 pastillas de metadona, 1490 euros en efectivo e diversos obxectos utilizados para a elaboración e manipulación da droga.Por todo iso procedeuse a súa detención e posterior traslado a dependencias policiais, onde se realizou unha comprobación das bases de datos policiais confirmándose que ao detido constáballe 21 antecedentes anteriores. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 dos de Redondela en funcións de garda.