Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Souto González: “Un choque de egos está a obstaculizar a Área Metropolitana”

RR_Noticias

O profesor de Didáctica da Universidade de Valencia e membro do Instituto de Estudios Vigueses, Xosé Manuel Souto González falará esta tarde sobre “Redondela na área metropolitana. O que perdemos e o que gañamos”. Unha charla enmarcada dentro das Conversas de Alén Nós que se desenvolverá no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.

“O con­ti­nuo retraso en pór en ser­vizo a área metro­po­li­tana de Vigo subliña a inca­pa­ci­dade dos polí­ti­cos locais e auto­nó­mi­cos para che­gar a un acordo que per­mita mello­rar a vida dos veci­ños das Rías Bai­xas”, con estas palabras xa recollidas nalgúns dos seus artigos, Souto González amosa o seu convencemento de que parálise actual que sofre a Área Metropolitana é produto da falta de interese dos políticos de cara a poñela en marcha. Unha falta de interese en gran medida porque “os políticos temen que desapareza o poder territorial dos municipios onde os partidos crean as súas infraestruturas de poder clientelar”. Un ente que ao seu entender achegaría numerosas vantaxes a poboación que a conforma, nomeadamente no que se refire ao transporte metropolitano “a poboación móvese por necesidade e debe contar co apoio da administración para non ter que deixar o seu salario neses desprazamentos”. Pero vantaxes tamén na racionalización de servizos básicos como son a sanidade ou o ensino. Amósase pesimista sobre o futuro da área “que non vai dar satisfacción ás necesidades de poboación, entre outras cousas porque non se inclúe a área de Pontevedra” e entende que corrixir esta situación pasa pola mobilización “a xente debería mobilizarse para esixir os proveitos que terían no caso de poñer en marcha as medidas metropolitanas”.  

Xosé Manuel Souto González Instituto de Estudios VIgueses
Un choque de egos
Vantaxes de pertencer a área
Racionalización de servizos e mellora do transporte
Previsións de futuro
Aposta porque a cidadanía esixa a psota en marcha do ente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará