Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un documental recolle a experiencia de mulleres emigrantes asentadas en Redondela

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle este xoves ás 19:30 horas a proxección do documental O día Internacional das mulleres en Redondela, elaborado a partir de entrevistas con diferentes mulleres procedentes todas elas de fóra de Galicia e asentadas en Redondela. O obxectivo é amosar como estas persoas viven e se adaptan a outra realidade e coñecer tamén en que medida o noso concello é unha localidade que facilita ou dificulta a súa integración na sociedade.

Unha actividade enmarcada dentro do programa que a Concellería de igualdade organiza co gallo da celebración no mes de marzo do día da muller e que continuará o venres cunha charla en torno á saúde das mulleres . Será o venres 24 ás 18:00 horas na Asociación Arela de Saxamonde. Unha experta abordará os cambios que ao longo da vida experimentan as mulleres na súa saúde e atenderá e dará resposta a´s dúbidas que formulen as asistentes.  

Teresa París Concelleira de Igualdade
Fala do documental que se poderá ver o xoves no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará