Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER esixe ao goberno que acate o acordo plenario e sinalice os espazos públicos con pictogramas

RR_Noticias

Denuncian que cinco meses despois de que o pleno aprobara a moción presentada pola Agrupación de Electores na que se establecía a sinalización con pictograma dos espazos públicos, o concello non cumprise ningún dos acordos establecidos. Critican “o desinterese e falta de sensibilidade” do PP coas accesibilidade das persoas que precisan adaptacións específicas e lembran que esta mellora sería especialmente beneficiosa para persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA).

O acordo aprobado en setembro do pasado ano establecía entre outras medidas a sinalización con pictogramas os edificios, dependencias, instalacións e espazos públicos do Concello de Redondela e a creación dunha mesa de traballo para estudar a liña a seguir para a execución do acordo, onde ademais dos grupos políticos participen asociacións, colectivos e/ou profesionais con coñecementos e experiencia na materia.
Pasado cinco meses denuncian dende AER que non se teña posto en marcha ningunha das medidas adoptadas o que amosa “un total desinterese e falta de sensibilidade coas cuestións relacionadas directamente coa accesibilidade nos edificios públicos de persoas que precisan adaptacións específicas”. Neste sentido fan referencia concreta ás persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial dificultade no procesamento da información que vén do seu entorno social e a interacción con outras persoas. Para isto, débese apostar pola mellora da sinalización dos espazos, sinalando, non só o espazo, senón tamén a secuencia da acción, é dicir, o proceso para desenvolver a acción dentro do espazo.
A Agrupación de Electores demanda do goberno local que dea cumprimento á moción aprobada para a sinalización con pictogramas de espazos públicos, asesorándose de xeito inmediato coas organizacións expertas no tema.
Dende AER tamén se denuncia, que existindo traballo por facer en accesibilidade, se deixaran sen investir fondos da partida prevista a este asunto “que ben puideron destinarse á instalación dos pictogramas, o que probablemente suporía un pequeno gasto dentro desta partida”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará