O centro de Día de Cesantes organiza un programa gratuíto de musicoterapia aberto á participación de todos os veciños de Redondela que teñan máis de 60 anos e queiran mellorar o seu benestar físico e emocional a través desta actividade que leva pro nome “Ao teu ritmo”. A actividade desenvolverase todos os martes dende o 4 de abril ata o 4 de xullo en horario de 16:00 a 17:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As persoas interesadas en participar poden inscribirse no propio Multiúsos.
Con esta iniciativa preténdese achegar a través da música e dos seus elementos, unha forma de manternos activos ao ritmo de cada un gozando duns beneficios físicos, emocionais e cognitivos.