Concelleiro en Redondela dende o ano 1983 ata o 2011, Emilio González falecía na mañá de hoxe por unha complicación na aorta logo de sufrir o pasado sábado unha anxina de peito. Durante case tres décadas exerceu de man dereita do alcalde durante os mandatos de Xaime Rei, asumindo as responsabilidades de Economía e Facenda e Urbanismo. Exerceu tamén como voceiro do PSOE na Deputación ata que presentou a súa dimisión en maio de 2010.