Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos recolle 500 quilos de comida na Operación Quilo en Redondela

RR_Noticias

A recollida de comida non perecedoira levouse a cabo este venres e sábado, 31 de marzo e 1 de abril, no supermercado Día situado na Pai Crespo. É a primeira vez que Redondela se suma a unha Operación Quilo diferente á Gran Recollida Solidaria celebrada a finais de novembro e na que se recolleron uns 15.000 quilos de comida.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu uns 500 quilos de comida en Redondela na que foi a súa primeira Operación Quilo, fóra da tradicional Gran Recollida Solidaria celebrada a finais de novembro.
A recollida de comida non perecedoira realizouse este venres, día 31, e o sábado, día 1, no supermercado Día situado no número 52 da rúa Pai Crespo. Uns 15 voluntarios facilitaron as doazóns por parte da cidadanía que, libremente, quixeron achegar o seu granito de area.
Ao mesmo tempo que en Redondela, o Banco de Alimentos desenvolveu Operacións Quilos simultáneas tamén nos centros Carrefour de Vigo, Pontevedra e Poio, así como no hipermercado Alcampo de Coia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará