Un partido que arrancaba con vantaxe para os de Chapela encargados de inaugurar o marcador no Pavillón da Marisma. Con todo, o Redondela remontou na segunda parte facéndose co encontro cun definitivo 3-1. Derrota para o Arealonga que caía pola mínima ante As Neves. Partido disputado en Chapela cun resultado final de 0-1 a favor dos visitantes.
O Campito mantense nos postos altos da táboa malia a derrota no derbi. Seguen na cuarta posición e reciben na vindeira semana ao actual líder da categoría, o Cereixa. Tamén o Redondela ten unha cita difícil, sétimos na clasificación desprázanse na vindeira fin de semana ao campo do terceiro, A Quinta de Tui.
Por último e a catro xornadas de rematar a ligar, o Arealonga tentará sumar puntos en Gondomar. Xogan na vindeira semana co Abetos e o seu obxectivo é afastarse dos postos baixos da táboa, xa que actualmente son décimo terceiros.