Unha festa de temática mexicana que arrancará ás 19:00 horas con música a cargo do grupo de mariachis Noite de Ronda e a degustación nos locais de hostalaría de pinchos relacionados coa gastronomía mexicana: nachos, frijoles, quesadillas… A papelería Moliere e a tenda de artesanía Burbulla sumáronse tamén a iniciativa e ofrecerán aos seus clientes descontos aos especiais.
A rúa está xa decorada co obxecto de que todo o mundo coñeza que a de hoxe é unha xornada especial, unha tarde noite na que oito locais da zona -Disco Tasca, Artesanía Burbulla, Os Viadutos, El Tesla, Gastrobar 78, Bar Central, Cafetería A Farola e Librería Moliere- únense para organizar unha festa que nace con intención de continuidade “todo dependerá do éxito que teña esta primeira edición” explica dende Os Viadutos o seu propietario José Manuel González.