Os redondeláns deixaron escapar unha oportunidade de ouro para amarrar a permanencia na Terceira División. Perderon pola mínima nas Pontes nun encontro no que os anfitrións foron claramente superiores. Na Terceira Autonómica Cesantes e Chapela ven afastarse as súas opcións de ascenso.
Terceira División
Pontes 1-0 Choco
Os de Marcos Montes desperdiciaron unha clara ocasión de puntuar na súa visita ao campo do descendido As Pontes. Os de Redondela perderon por un gol de Edy á media hora de xogo. Unmal resultado logo dun partido no que non deixaron boas sensacións. Os anfitrións dominadon desde o comezo. No minuto sete Fran Cortés fixo un centro-chute que se lle escapou a Marcote. Despois, un centro de Buyo despexouno Alberto Rei por encima da súa meta e, no seguinte ataque, aos dez minutos, o centro pola dereita de Rubio foi golpeado por Misa. O meta do Choco rexeitou un libre directo de Edy no 20. A insistencia das Pontes transformouse en gol á media hora nun córner sacado por Fran Cortés á cabeza de Edy. O Choco tivo unha ocasión clara para empatar por medio de Róber, que cabeceou un centro de Félix que sacou o porteiro local. Na segunda metade Cortegoso volveu ser protagonista con varias accións que evitaron o seugndo gol local. E Silva tivo opcións de empate cunha falta na frontal cumprido o minuto 90. Pero o disparo foi atrapado por Paco preto do pau. Malia a derrota os redondelanos seguen fóra dos postos de arrastre, pero a marxe sobre os seu sperseguidores é moi escasa. Será importante a próxima xornada en Redondela, ante o Dubra, rival en postos de descenso. Os de Montes deben sumar para non pasar apuros nas últimas xornadas de liga.
Segunda Autonómica
Choco B 1-1 Tebra
Empate que deixa ao Choco B na terceira praza logo dun partido moi igualado. Juli adiantou ao filial pero o Tebra levou un punto ao anotar nun saque de córner en tempo de desconto. A próxima xornada será decisiva, xa que xogan no campo do líder, o Santa Mariña.
A Lama 2-0 Arcade
A derrota deixa ao Arcade na metade baixa da táboa. Na próxima xornada reciben ao San Adrián, 6º do grupo.
Terceira Autonómica
Peña Beretes 3-4 Nespereira
Os de Chapela seguen afundido na táboa logo da derrota ante o Nespereira. Na próxima xornada visitan o campo do Balaídos.
Atl. Vilar 5-2 Casablanca
Catro goles de Oliveira e un de Miguel déronlle a vitoria ao Vilar ante o Casablanca. Na próxima xornada visia o campo do Nespereira.
Teis 0-0 Chapela
Reparto de puntos nun encontro sen goles no derbi comarcal. A dúas xornadas para rematar a liga na próxima cita o Chapela recibe ao Moledo.
Cesantes 1-2 Salcedo
Complicanselle as cousas ao Cesantes na loita polo ascenso directo, logo da derrota ante o líder. Os de Redondela adiantáronse no marcador con gol de Isaac aos vinte minutos. Xa festexaban a vitoria cando o equipo pontevedrés remontou con dous goles en tempo de desconto. Na próxima xornada visitan o campo do Pontecaldelas, 5º.