O trompetista, que está a impartir un curso no Conservatorio Victor Ureña, actuará xunto á orquestra de Saxos, este mércores 12 de abril, ás 20,00 horas no Multiusos da Xunqueira. Martihn traballa como músico de estudio e participou en máis de 200 gravacións e producións de discos. Na actualidade participa en programas de televisión como Carlos TV café, “American Idol” ou X-Factor.
O trompetista holandés Martijn de Laat súmase á listaxe de prestixiosos músicos que nas últimas semanas pasaron polo noso concello da man da Orquestra de Saxos como o tamén holandés Theo Gerrits ou o belga Alain Crepin. Martihn, profesor titular de trompeta do Conservatorio Fontys de Tilburg, do Real Conservatorio da Haya e profesor invitado permanente do Conservatorio de Ámsterdam, está a impartir un curso de trompeta aos alumnos do Conservatorio, parte dos cales coñeceu na xira que a Orquestra de Saxos fixo por Europa. O trompetista reivindica á música lixeira que pon á altura da música clásica e destaca a importancia de que os alumnos se enriquezan cun coñecemento amplo do maior número de estilos posibles.