Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican que o goberno non solicitase á Deputación melloras na seguridade vial en Saxamonde

RR_Noticias

Ante a inminente posta en marcha do Plan Móvese do ente provincial, o BNG cuestionan que o goberno de Redondela “ignorase un treito de arredor de 1km de estrada provincial, na zona dos Valos, en Saxamonde que presenta importantes carencias en canto á seguridade”. O edil nacionalista  Xoán Carlos González considera que se trata dunha “nova mostra do desinterese pola mellora da seguridade viaria dos dirixentes municipais”.

O plan Móvese contempla a instalación de pasos de peóns sobreelevados, a sinalización de zonas con límites de velocidade a 30km/h ou redutores físicos de velocidade nas estradas provinciais. Para Xoán Carlos González, non existe ningunha xustificación para que non se formularan iniciativas para a mellora da seguridade viaria nos Valos. “Trátase dun treito con curvas sinuosas que preceden a unha recta onde os vehículos alcanzan velocidades elevadas. Ademais de haber unha ducia de vivendas afectadas, encóntrase o acceso á Área de Chan das Pipas, e o seu Centro Cultural. Toda unha xeira de elementos, que indicaban a idoneidade para prantexar á Deputación a mellora na seguridade viaria, malia o cal o goberno de Javier Bas non presentou ningunha solicitude neste sentido”, resalta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará