Os nenos de Redondela terán a oportunidade de desenvolver a súa creatividade e espírito emprendedor este sábado nun taller de tecnoloxía organizado polo operador galego R. A iniciativa ofrecerá tres sesións de robótica, de dúas horas cada unha, dirixidas a distintas idades.
O primeiro, de 10.00 a 12.00 horas, para pequenos de entre 7 e 8 anos. A continuación, os nenos de entre 9 e 11 anos serán quen gocen desta iniciativa, de 12.00 a 14.00 horas. E pola tarde, de 16.30 a 18.30 horas, os rapaces de entre 12 e 15 anos.
Os participantes crearán un prototipo tecnolóxico utilizando placas e materiais reciclados. Cada taller está limitado a 20 persoas e é gratuíto, polo que é preciso reservar na tenda R de Redondela da rúa Pai Crespo, 66.