O Artelixo chega a súa recta final e faino con poesía, música, obradoiros e pasos de peóns con mesaxe. Entre hoxe e mañá desenvolven novas actividades que se suman a esas esculturas que durante toda a semana puidemos ver nas prazas e rúas de Redondela. Citas como o Sonalixa ou o Parnalixo que clausurarán o certame deste ano e actividades como o “pintado poético” desenvolvido na mañá de hoxe polo alumnado dos Institutos Illa San Simón, Pedro Floriani e Mendiño e os usuarios de Lenda.
A actuación consistiu na escrita de mensaxes nos pasos de peóns que hai entre a Praza da Farola e o Centro de Saúde. Unha actividade que se suma aos actos de clausura de mañá sábado e que inclúen un intenso programa que arrancará ás cinco da tarde na Alameda de Redondela cun obradoiro infantil con xoguetes feitos con material de refugallo. A partir das 19:00 horas, terá lugar na pista de baloncesto o “SONALIXO”, un concerto de micros abertos no que poderán subir o escenario calquera artista, e mesturado con recital de poemas dos participantes no “PARNALIXO”.