Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección e charla en torno ao autismo

RR_Noticias

O Multiúsos e Arcade acolle hoxe venres 21 de abril ás 19:00 horas unha sesión na que se falará sobre o autismo e se proxectará o documental “Un soño compartido”. Ao finalizar haberá unha Charla coloquio coa mestra e pedagoga Alba Pérez Fernández baixo o título “Comprendendo o autismo dende unha perspectiva práctica”.

Todo isto acompañarase cunha exposición de materiais pedagóxicos e materiais adaptados para persoas con autismo: caixas e materiais TEACCH, sensoriais, contos adaptados, libros, material manipulativo, adaptación de actividades da vida diaria, etc.
Haberá tamén contos adaptados para nenos/as con TEA (Trnastorno do espectro autista) realizados polo alumnado de 1º ESO do Santiago Apóstol de Soutomaior.
A actividade é de balde e vai dirixida a familias, profesorado e persoas interesadas no tema. Haberá unha monitora que realizará actividades de lecer dirixidas aos nenos e nenas que veñan coas súas familias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará