Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Baraka” e “17 años juntos” triunfan no Redondela en Curto

RR_Noticias

A comedia “17 años juntos” de Javier Fresser foi elixida polo público como mellor das curtametraxes proxectadas no festival na sección oficial. O xurado optou por un drama “Baraka” de Néstor Ruiz Medina, unha cinta ambientada nos meses que antecederon á guerra de Iraq con dous irmáns obrigados a separarse como protagonistas e que se fixo co título de mellor película desta XIII edición do Redondela en Curto.

Unha semana de cine en pequeno formato que se pechaba este domingo coa entrega dos premios aos mellores traballos e agradecemento especial para a Asociación Andaina encargada de coordinar a sección “Cine no ensino” que permitiu a 1.400 escolares de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Pontevedra achegarse tamén ao certame. Unha sección que premiou a curta “Ni dos ni cuatro” de Sergi González. Fóra da sección oficial, no espazo “Cine Galego” a mellor valorada polo público foi a curtametraxe de ficción “Superpunky”, de Pablo Cacheda de Paz e no apartado “Curtísimas”, no que competían películas de menos de catro minutos de duración, os votos do público foron para “Estribillo”, de César Tormo.  

Entrega de premios
O festival agradece ao público a súa asistencia e participación
Teresa París edil de cultura
Agradecemento especial a Andaina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará