Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O saxofonista Van Zoelen ofrece un concerto acompañado de 35 instrumentos históricos

RR_Noticias

O músico imparte durante toda a semana un curso de saxofón no Conservatorio Victor Ureña e o venres ás 20:00 horas ofrecerá no Multiúsos un concerto xunto ao pianista Martien Maas. Andreas Van Zoelen chega a Redondela acompañado de máis de 30 saxos, entre os que se atopa algunha peza histórica saída do taller de Adolphe Sax. O valor destes instrumentos obriga a telos custodiados pola policía.

A orquestra de Saxos en colaboración co ANPA do Conservatorio e o Concello organizan esta semana un curso a cargo do músico e historiador Andreas Van Zoelen, especializado en historia do saxo publicou o libro “La historia sonora del saxofón. Desde Adolphe Sax a nuestros días”. Ademais do curso que está a impartir no Conservatorio o músico chega a Redondela co seu vehículo cargado de saxofóns, algún deles de valor incalculable, o que obrigou a poñer en marcha un protocolo especial coa policía para velar pola seguridade dos instrumentos. Aproveitando a súa presenza en Galicia, Van Zoelen achegarase tamén aos conservatorios de Pontevedra e Vigo onde fará un concerto con tódolos saxos que trae, acompañado o piano polo pianista Martien Mass. Xa o venres impartirá un concerto no Multiúsos no que os espectadores poderán gozar de diversas pezas interpretadas polo mestre con diferentes saxos, que permanecerán expostos no escenario.  

Elisa Arias Directora do conservatorio
Cóntanos quen é o saxofonista Andreas Van Zoelen
Medidas de seguridade
Extremar a vixilancia para garantir a seguridade dos instrumentos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará