Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mestra Paulina Sánchez elixida Persoeiro do ano

RR_Noticias

A Concellería de Cultura comprométese a comezar de inmediato cun programa de actos para lembrar á coñecida como Mestra Paulina, a quen se lle dedica este recoñecemento por ter “educado a unha xeración de homes e mulleres que aínda lembran a súa persoa con nostalxia xa que foi quen de darlle algo de luz nun anos moi escuros, sementando o amor con maiúsculas pola cultura nos seus alumnos e no seu pobo”. A elección de Paulina Sánchez como persoeira do ano 2017 non contou co apoio dos grupos da oposición, xa que tanto PSOE como BNG e AER, malia non cuestionar a elección da persoa elixida, si amosaron o seu desacordo co procedemento do goberno local para esta designación.

Durante os vindeiros meses dende a Concellería de Cultura teñen previsto organizar  un programa de actos para conmemorar e recoñecer o traballo desenvolvido por Paulina Sánchez Otero (Redondela 1898/1971) tanto a nivel pedagóxico como mestra en diferentes escolas da vila e tamén como impulsora de diferentes actividades entre os cativos. U/n traballo que a fixo merecedora do Medalla de Alfonso X El Sabio. Un nomeamento, o da mestra Paulina como persoeira do ano que se aprobaba no pleno de onte cos votos a favor de PP e a edil non adscrita Raquel Quintáns e a abstencións do restos dos grupos da oposición, que sen cuestionar a figura elixida, si cuestionan o procedemento seguido polo goberno local nesta elección. O edil socialista Eduardo Reguera cualificaba de “auténtico desastre” o proceso seguido nas últimas edicións e criticaba que se faga este nomeamento tan avanzado o ano. Tamén criticaba a pouca participación veciñal en todo o procedemento. No mesmo sentido manifestábase o edil de AER, Jorge Varela Chopi, quen insistía na necesidade de modificar as bases actuais para que nos vindeiros anos esta elección se faga por unanimidade. O nacionalista Xoán Carlos González lamentaba que malia tratarse dunha distinción moi meritoria e delicada se teñan producido “situacións rocambolescas como que o persoeiro máis votado non sexa o elixido”. Situacións que ao seu entender débense á falta de interese do goberno local por  establecer un procedemento máis acorde coa relevancia do recoñecemento. A concelleira de Cultura, Teresa París, insistía en que dende o seu departamento estase a traballar para darlle unha volta ás futuras convocatorias e poñía ne valor a figura elixida neste ano “unha proposta acaída por ser muller e por contar con xente aínda viva que foron os seus alumnos o que favorecerá a organización de actividades en torno a súa figura”. Paulina Sánchez acadou a titulación na Normal de Pontevedra e durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Ensinou en Cedeira, Cesantes, Fofe, Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas…; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago. Paulina Sánchez segue así os pasos doutros veciños insignes homenaxeados en edición anteriores como Casto Sampedro (2012), Alejandro Otero (2013), Rita Otero (2014) e Telmo Bernárdez (2015).  

Teresa París PP
Presenta a elección da Comisión
Eduardo Reguera PSOE
Lamenta a falta de participación veciñal
Jorge Varela AER
Piden un cambio no procedemento
Xoán Carlos González BNG
Critican ao goberno local polo proceder nesta distinción
Unha muller para o 2017
A edil de cultura salientaba o importantes de recoñecer a mulleres con esta distinción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará