Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sociedade civil celebra a Casares

RR_Noticias

Representantes do asociacionismo, do dereito, da Igrexa, das mariscadoras e tamén de todos eses “galegos de adopción” que chegados dende diversos puntos residen no noso país, foron os encargados de homenaxear a Carlos Casares no Día das Letras Galegas. Un acto institucional coordinado dende Normalización Lingüística que contou coa tradicional ofrenda floral a Castelao na Alameda de Redondela.

A faceta literaria de Carlos Casares nas súas diferentes vertentes: articulista, xornalista, autor de texto para nenos, traductor… estivo moi presente no acto institucional celebrado na mañá de onte na Alameda. Representantes de diferentes ámbitos da sociedade eran os encargados de poñer voz aos textos do autor homenaxeado nesta edicións das Letras galegas. Facíao Mercedes, da Asociación Deportivo Cultural de Rande en representación do asociacionismo e os movementos culturais e tamén Eva de Pedro, asturiana e galega de adopción. Magdalena, en nome da confraría de Redondela e representante das mariscadoras recollía un dos textos infantís máis coñecidos de Casares “A galiña azul”. Un acto reivindicativo e literario, no que estiveron presentes tamén os textos de Eduardo Pondal, na voz do avogado Alfonso pereira e Ramón Cabaniñas a través da lectura do párroco de Reboreda.  

Magdalena mariscadora
A Galiña Azul
Mercedes ADC Rande
Lembrou o Casares reinvindicativo
Eva de Pedro asturiana e galega de adopción
Casares articulista
Carlos párroco de Reboreda
A nosa terra é nosa de Ramón Cabanillas
Alfonso Pereira abogado
Eduardo Pondal
Teresa París edil de cultura
Lembrou a figura de Carlos Casares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará