Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

XIII edición da Festa do ovo en Nespereira

RR_Noticias

A parroquia de Pazos de Borbén acollerá este domingo a partir das 12:00 horas unha nova cita da súa popular festa gastronómica na que o ovo da casa é o auténtico protagonista. Serviranse ao redor de 2.000 racións elaboradas con produtos doados polos veciños. O pregoeiro será o humorista redondelán Somoza e a festa estará amenizada polo Dúo Estelar e o grupo de gaitas Árdelle o Eixo.

A asociación de veciños de Nespereira organiza un ano máis a súa popular festa gastronómica con pratos elaborados con produtos da casa e nos que o produto estrela é o ovo. Así, un do máis demandados é o combinado de ovos fritidos con patacas e chourizo, pero poderán tamén degustarse acompañados de grelos con chourizo e serviranse tortillas con diferentes recheos. Outras opción serán as racións de empanada de atún e ovo e as sobremesas caseiras.
Unhas racións que se poderán degustar a prezos económicos, cun custe de cinco euros o prato estrela do mesmo xeito que a tortilla. A empanada despacharase a catro euros e os grelos cocidos a seis. Todas as racións acompañaranse de pan, viño e sobremesa.
Unha celebración que parece vai contar con bo tempo, aínda que a organización ten instalada unha carpa que garante a degustación baixo cuberto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará