Así o anunciou a edil de sanidade de Soutomaior, Cristina González durante o pleno municipal no que se abordaba precisamente a situación de precariedade na que se atopa este servizo. A sesión foi convocada a instancias do BNG quen presentaba unha moción en defensa da sanidade pública nese concello, moción que non foi aprobada ao votar ne contra o PP.
O SERGAS incorporará un novo técnico sanitario de apoio ao persoal do centro de saúde de Arcade nas próximas semanas. Así o afirmou a edil de sanidade, Cristina González, durante o pleno municipal extraordinario celebrado esta mañá no concello de Soutomaior. A medida permitirá que cada médico que pasa consulta neste centro conte cun técnico sanitario de apoio en exclusiva.
Ata agora, no centro de saúde de Arcade pasaban consulta dous facultativos de medicamento xeral e un especialista en pediatría, que contaban co apoio de dous técnicos sanitarios. Coa nova incorporación mellorarase na eficiencia no traballo, ao poder concentrar as funcións de cada técnico no apoio dun só médico.
Por outra banda, o voto en contra do PP nesa mesma sesión impediu que se aprobase unha moción en defensa da sanidade pública de Soutomaior presentada polo BNG.