Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela seguirán mobilizándose ata que non se repoñan os servizos

RR_Noticias

A manifestación do venres en Chapela non será a última. Así o anuncian os afectados pola ampliación da AP-9 quen insisten en que as súas demandas non son negociables: Fomento e Audasa deben repoñer servizos. Esixen tamén que se avance na construción do novo colexio igrexa. Entre os manifestantes estaban os propietarios das dúas vivendas aínda pendentes de expropiación ademais de veciños da parroquia e membros das corporacións municipal e o propio alcalde.

Demandas que non por repetidas deixan de ser necesarias. Así o entenden na Asociación de afectados que o pasado venres volvía saír a rúa para reclamar a Fomento e Audasa a reposición dos servizos afectados. Francisco Puch forma parte do colectivo No mesmo sentido manifestábase César Domínguez “seguimos sen ver melloras nos camiños e servizos” e reclama que Fomento os reciba e lles dea unha resposta por escrito a todas as súas demandas. Outra das reclamacións é que se proceda a expropiar ás cinco familias que residente nun edifico de Pasan e na vivenda unifamiliar en Cabanas que coa construción do terceiro carril quedou metida baixo a ponte de Rande. O seu propietario reclama que lle expropien porque non “queremos vivir baixo unha ponte” A comunidade educativa do colexio Igrexa esixe que se axilicen os trámites para a construción do novo centro e o traslado do alumnado. Hai incluso quen malia a cesión dos terreos e os compromisos públicos non se fían de que ese colexio vaia ser unha realidade. Outras demandas pasan polo soterramento do transformador existente na zona de Igrexa, que se resolva a demolición do edificio de Correos pero garantindo a permanencia da empresa postal na parroquia e, sobre todo, a mellora de accesos e estradas que logo das obra quedaron cortadas, cheas de fochancas e en moi mal estado Unha das persoas que no seu día tivo que deixar a súa vivenda, Roberto Villar, lamenta que 8 anos despois do inicio dos traballos os veciños teñan que seguir saíndo a rúa para reclamar os seus dereitos e que “non haxa orzamentos proxectados para dar resposta as demandas veciñais”.  

Francisco Puch Asociación Afectados
Lembra as demandas que os volven sacar a rúa
Roberto VIllar veciño afectado
Critica que non haxa orzamentos proxectados para dar resposta ás demandas veciñais
Vivir baixo a ponte
Os veciños pendentes da expropiación de Cabanas denuncian a súa situación
Fochancas e estradas en mal estado
Condutores e peóns padecen a situación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará