Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Redondela demandan máis presenza policial nas rúas para disuadir aos delincuentes

RR_Noticias

Actualmente máis dun terzo do persoal da Policía Local de Redondela atópase de baixa. En concreto faltan 10 axentes, dun total de 28 cos que conta o corpo. Os veciños lamentan a escaseza de axentes, pero tamén o xeito no que desenvolven o seu traballo, que a xuízo de algúns “non é eficaz”. Demandan máis axentes patrullando “a pé” e maior presenza policial nas parroquias.

Nas últimas semanas están a ser noticia en Redondela os roubos en garaxes de edificios, en coches estacionados na contorna da Marisma, e mesmo agresións como a que tivo lugar na festa do Choco, cun menor ferido. A Agrupación de Electores de Redondela xa manifestou a súa preocupación ante a falta de efectivos policiais, unha inquedanza que tamén comparten os veciños de Redondela. Manuel e Diego entenden que serían necesarios máis axentes, sobre todo “nas zonas de ocio nocturno para evitar problemas” xa que se dan aglomeracións de público e consumo de alcol. Entenden os veciños que son necesarios máis axentes, e que “cando hai numerosas baixas deberían cubrirse”, como apunta Paz. Outros como Quique lamenta non só a escaseza de policías en activo, senón tamén “o xeito no que desenvolven o seu traballo”, que ao seu xuizo “non é eficiente”. En casos de grandes cocentracións de persoas, como na feira, propón “axentes de paisano”. Quique advirte que case non se ven efectivos pola rúa, para disuadir aos delincuentes. E apunta que “o problema é aínda maior nas parroquias”. E hai quen cuestiona tamén a profesionalidade dos axentes, e advirten que en lugar de velar pola seguridade da cidadanía, se limitan a “sancionar” aos veciños e condutores cun “afán recadatorio”, como explica María José. Ao longo deste ano, o Concello contratará a nove auxiliares de policía por períodos de seis meses, pero desde AER aclaran que estes auxiliares “non poden desempeñar as funcións propias dun policía”.

Manuel e Diego
Os veciños entenden que é necesaria unha maior presenza policial.
Cubrir as baixas
Paz entende que se hai numerosas baixas no corpo deben cubrirse con axentes de reforzo.
Escasos e pouco eficaces
Quique advirte que a presenza policial en Redondela é escasa e ademais pouco eficaz.
Afán recadatorio
Para María Jose os axentes dedícanse máis a sancionar aos cidadáns que a velar pola súa seguridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará