Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco busca a súa terceira final consecutiva na Copa Deputación

RR_Noticias

O equipo de Marcos Montes enfróntase este mércores ao Sporting Guardés na final da Copa Deputación de Pontevedra do grupo de Vigo. O partido está marcado para as 21:00 horas no Estadio Municipal da Sangriña, e o gañador deste encontro disputará a final entre os grupos de Vigo e Pontevedra.

O C.D. Choco buscará unha vitoria na Guarda para poder xogar á que sería a súa terceira final consecutiva. De conseguir o título sería tamén o terceiro consecutivo para o club redondelán. O presidente da entidade, Iván Crespo, amósase optimista coas posibilidades do C.D. Choco, afirma que ve ao equipo e ao corpo técnico “con gañas de seguir facendo historia”. Sería o broche de ouro para unha temporada na que o equipo foi quen de acadar o obxectivo da permanencia en Terceira División. Malia as dúbidas e os altibaixos do Choco no comezo de liga, os de Montes asinaron unha segunda volta espectacular para selar a salvación sen pasar apuros nas últimas xornadas. Unha situación que debería ser “o normal”, segundo Crespo, malia que recoñece que a afección estaba “mal acostumada” logo dos éxitos das pasadas temporadas. Para Crespo o “sorprendente” era que un equipo modesto como o Choco puidese clasificarse para a fase de ascenso nas súas primeiras temporadas en Terceira. Ademais o filial do Choco xoga este domingo ante o Cruceiro o partido de volta das semifinais da fase de ascenso a Primeira Autonómica. Perderon na ida en Cangas por 1-0, pero a eliminatoria está aínda “totalmente aberta” e confían en darlle a volta en Santa Mariña. A cita é ás 18.00 horas  

Iván Crespo presidente do C.D.Choco
O Choco buscará na Guarda a súa terceira final consecutiva.
Temporada positiva
O equipo acadou o obxectivo da permanencia logo dunha mala primeira volta na liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará