Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reciclou 7.550 litros de aceite doméstico o ano pasado

RR_Noticias

Unha cantidade que supón un incremento importante respecto ao 2015 cando se reciclaran tan só 3.200 litros. A Concellería de Medio Ambiente aplaude o compromiso dos veciños coa protección do medio ambiente que logran así duplicar os litros recollidos.

O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez sinala que estas accións de reciclaxe “son imprescindibles, xunto coa compostaxe para a conservación da riqueza natural” e lembra que, no caso do aceite usado, é esencial gardalo e levalo ao punto de reciclaxe e non botalo polo sumidoiro porque un so litro de aceite doméstico contamina ate 1.000 litros de auga. Os técnicos indican que cada fogar de 3 persoas consume de media un volume de 18 a 24 litros de aceite cada ano e que na provincia de Pontevedra tíranse polo vertedoiro 5 millóns de litros de aceite doméstico usado.
Dende o Concello entenden prioritario reducir estas cifras e traballan na promoción dun correcto tratamento dos residuos domiciliarios con diferentes iniciativas que buscan incrementar a reciclaxe de aceite, do mesmo xeito que o resto de residuos de materia orgánica e a correcta clasificación dos residuos plásticos, vidro e papel. Unha campaña que forma parte do “Plan de reciclaxe e compostaxe Redondela 2016-2020”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará