Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior solicita ao Sergas que cubra o servizo de pediatría durante a ausencia do médico titular

RR_Noticias

O centro de saúde de Arcade pode ver o seu servizo de pediatría suspendido ata o próximo día 6 de xuño pola ausencia do médico titular. Ante esta situación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, remitiu esta mañá un escrito ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e ao xerente do Servico Galego de Saúde (SERGAS), solicitando un médico substituto que garanta o servizo.

No seu escrito, o rexedor explicou que o servizo de pediatría de Arcade é de vital importancia para gran parte dos veciños xa que no mellor dos casos teñen que desprazarse a Vilaboa, explicou Reguera, que indicou que a carta se remitiu por correo ordinario e electrónico, ademais de varias xestións telefónica previas anticipando o escrito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará