Soutomaior continúa coa axenda do programa “Roteiros medioambientais: coñece o teu concello e arredores”. Será o domingo 18 de xuño cun novo percorrido que vai levar aos participantes a percorre as marxes do río Oitavén. Inscrición previa na OMIX no Multiúsos de Arcade.
Polas sendas da pesca é un roteiro que comeza na casa dos Pescadores que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No camiño haberá ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e súa fauna. Poderanse visitar un par de muíños agochados entre a vexetación e, se o tempo acompaña, gozar dun baño nas augas do río.
A saída será ás 10:30 horas e estímase que o percorrido, de 4,8 kilómetros e dificultade media, finalizará ás 13:30 horas. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.
Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX – Multiusos (Arcade) ou ata cubrir prazas. Para inscribirse haberá que presentar a solicitude na OMIX fisicamente ou ben enviala por correo electrónico a educacion@soutomaior.com pero IMPORTANTE que veña asinada.