Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As asociacións veciñais arranxan camiños e viais con cargo á Xunta

RR_Noticias

As obras realizadas polas Asociación Alvedosa de Reboreda e Eiros de Quintela ascenderon a case 30.000 euros e consistiron no primeiro caso no asfaltados do camiño da Rabadeira e estrada de Pazos en Reboreda por valor de 14.938,66 euros. A asociación Eiros de Quintela contou cunha axuda de 14.480,80 euros quen investiu na adecuación e arranxo do vial Frandes-Quintela.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron as obras de mellora en dous das asociacións veciñais de Redondela que resultaron beneficiarias da orde de axudas destinada a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades.
A convocatoria de axudas, que Vicepresidencia da Xunta puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de case millón e medio de euros, o que permitirá ás máis de 130 entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra coma de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así coma en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará