A limpeza que está a realizar o Administrador de Infraestrutura Ferroviarias estase a facer con máquinas especiais que permiten acceder aos noiros de máis altura que actualmente están cheos de maleza, silveiras e lixo. Os traballos desenvolveranse ao longo de 6 quilómetros de vías en desuso e que cruzan a parroquia de Chapela. Unhas vías en total estado de abandono tal e como viñan denunciando os veciños da zona en múltiples ocasións.
Explican dende o Concello que “logo dos moitos requirimentos, tanto verbais coma por escrito, feitos polo Goberno local ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), manifestando o malestar polo estado de abandono na que se atopan as beiras da vía en Chapela, esta mesma semana empezaron os traballos de roce de 6 quilómetros das vías que non se usan e que pasan por esta parroquia”.
A limpeza estase a facer con máquinas especiais que chegan aos noiros de máis altura que agora están cheos de maleza.
Dende o Goberno municipal solicitaron tamén tanto ao Ministerio de Fomento como a Deputación que procedan a acondicionar e limpar as estradas que cruzan o noso concello e que dependen de ditas administracións, explica a concelleira de Vías e Obras, Mª José Barciela.