Susto o vivido onte polos empregados da cafetería La Barraca en pleno centro de Redondela. Eran aproximadamente ás 22:00 horas cando un individuo entrou neste local da Praza da Constitución armado con dous coitelos e ameazou a camareira esixíndolle que lle dera os cartos da caixa. O atracador, un veciño de Vigo de 55 anos de idade, foi reducido por tres clientes que lograron intercéptalo ao saír do local.
A piques estivo de facerse co botín pero foi interceptado por tres clientes que, armados de cadeiras e mesas, golpeárono ata tiralo ao chan onde foi inmobilizado á espera dos axentes da policia nacional.
O detido, un home de 55 anos de idade e con domicilio na cidade de Vigo, conta con 28 antecedentes policiais, entre eles o de roubo con violencia. Pasou xa a disposición xudicial.
Dende a Policía Nacional salientan a colaboración cidadá que fixo posible a detención do atracador.