Durante catro días, do xoves 8 ao domingo 11, Redondela convértese en referente para os amantes da literatura. Celebra por segundo ano a Feira do Libro dedicada nesta ocasión á muller lectora e cunha escritora, a premiada Ledicia Costas, como pregoeira nun acto inaugural que terá lugar o xoves ás 19:30 horas. Un total de sete Librarías ofrecerán os seus exemplares cun 10% de desconto nos postos instalados na beirarrúa da rúa Ribeira. Ademais das presentacións literarias e as actividades orientadas a grandes e pequenos o domingo vivirase unha tarde máxica en torno aos libro de Harry Potter.
Unha iniciativa da Federación de Librarías de Galicia en colaboración con Concello de Redondela que arranca este xoves cun intenso programa de actividades para os máis pequenos, presentacións, firmas de libros e a participación de sete librerías entre as que atopamos dúas de Redondela, a libraría La Imprenta e Moliére. Unha feira que presenta ademais un carácter diferenciador ao poñer o acento nas mulleres e, mais concretamente “na muller lectora”. Precisamente unha muller lectora e escritora tan recoñecida como Ledicia Costas será a encargada de inaugurar esta feira cun pregón que se poderá escoitar o xoves ás 19:30 horas. Ao logo de catro días máis de 15 escritores e ilustradores pasarán por este espazo para asinar e presentar as súas obras “nomes coñecidos xunto con escritores noveis, xa que un dos requisitos destas feiras é dar a coñecer tamén a eses novo valores”. Presentacións algunhas ben curiosas como a do título De tu corazón a mi libro o venres ás 20:00 horas, cuxa edición puido ser posible grazas a unha campaña de crowfunding. Pero tamén outras como as “Historias de galegos extraordinarios” de Salvador Rodríguez, Olvídate del Cielo de Rocío López Núñez e Pituxa a fantástica nena da cada de outro de Marcos López Concepción, un libro que foi escrito na propia biblioteca de Redondela e que vén de ser editado por Xerais. O domingo a feira despedirase cunha tarde de maxia con Harry Potter. Así todos os que se acheguen co seu exemplar desta saga entrada no sorteo dunha escoba de Quidditch e haberá tamén diferentes actividades nas que a maxia será protogonista. Un xeito de dar protagonismo á literatura fantástica que quere sobre todo, atraer ao público adolescente.