Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Coca completa o seu programa cultural e musical con visitas guiadas por mar e terra

RR_Noticias

Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que se vai desenvolver entre o 14 e o 18 de xuño con actividades musicais, entre as que se inclúen as tradicionais verbenas e un concerto de música rock no que actuará o grupo La Fuga teloneado polos grupos locais Relámpago e RMS. Unha celebración que arrancará o mércores da vindeira semana co pregón a cargo do fotógrafo Carlos Alonso Maríntez “Fosca” e unha homenaxe a Margot Araujo, unha muller vinculada a cultura local en xeral e ao Corpus en particular que falecía meses atrás.

Un mércores no que terá lugar tamén o tradicional acto de relevo das Penlas e a elaboración das alfombras florais polas que ao día seguinte transcorrerá a procesión do Corpus a unha do mediodía e que previamente serán visitadas pro milleiros de persoas, que se achegarán a Redondela a admirar os tapices nos que están a traballar máis de 70 mulleres dende hai aproximadamente un mes. Entre as novidades que inclúen no programa deste ano atopamos o concerto do grupo cántabro  La Fuga quen amenizará a noite do venres nunha actuación na que se subirán tamén ao escenario os grupos locais Relámpago e RMS. Unha cita musical o venres 16 ás 21:30 horas no Campo da Feira. Como novidade desta edición salientaba a Concelleira de Cultura as visitas guiadas polo Casco urbano de Redondela que arrancarán o mércores e se prolongarán durante todo o verán de xeito diario ás 19:30 horas. Uns roteiros por terra que tamén co gallo das festas patronais tamén se densevolverán por mar, coas xa clásicas visitas guiadas á Illa de San Simón.  

Teresa París concelleira de Cultura
Unha programación posible grazas a intervención de moitos voluntarios
Homenaxe a Margot Araujo
Unha muller vinculada á celebración do Corpus
Exposición en torno á Coca
O dragón será o protagonista
Roteiros polo casco urbano
Arrancarán o mércores 14 e seguirán todo o verán
Visitas a Illa
San Simón será tamén protagonista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará