Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento Galego unha iniciativa en defensa da sanidade pública en Soutomaior

RR_Noticias

Unha delegación do BNG formada polos concelleiros Olalla Obelleiro e Manu Lourenzo, xunto co responsable local, Diego Moreira, trasladaron aos Parlamento unha iniciativa para a defensa da sanidade pública no concello de Soutomaior. Na iniciativa solicítase ao SERGAS a inmediata incorporación de “novos médicos e de máis recursos para a sanidade pública do municipio que eviten a saturación que están a vivir os veciños da localidade”.

Na xuntanza, os representantes do grupo municipal do BNG de Soutomaior trasladaron aos membros do grupo parlamentar nacionalista os problemas que se están a dar coa sanidade pública no concello de Soutomaior. Problemas que se evidencian na falta de cobertura das baixas e vacacións no servizo de pediatría , nuns cupos sanitarios saturados que en ocasións impiden mesmo que veciñas e veciños de Soutomaior poidan darse de alta nos centros de saúde, ou en longas esperas para recibir atención primaria no municipio.
Os membros do BNG de Soutomaior decidiron trasladar esta iniciativa ao parlamento galego despois de que, a pesar das continuas queixas da veciñanza e da evidente saturación do servizo sanitario, tanto no PP de Soutomaior como no SERGAS minimizasen e mesmo negasen a existencia destes problemas.
Pola súa banda, a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón sinalou que “coñecemos os problemas que está a haber en Soutomaior e non podemos quedar parados ante este desmantelamento da sanidade pública. A sanidade pública é o único garante dun dereito fundamental como é o dereito a saúde, e coa saúde das persoas non se xoga”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará