Arrancou a campaña de verán do marisqueo a flote e fíxoo con boas previsión tanto no prezo como no colleitado polos 120 barcos que desenvolven este arte. Unha campaña que arranca coa apertura do polémico banco do Cabalo de Arcade que estivo pechado dende o pasado mes de outubro ata onte, malia as protestas dos mariscadores de Arcade quen demandaban semanas atrás que se lles permitise traballar nesa zona ante a falta de ameixa noutros bancos.
Finalmente e atendendo ao Plan de Explotación que rexe na ría de Vigo, o banco abríase onte logo de oito meses pechado. Un descanso e un traballo de semente previo que daba os seus froitos cunha boa cantidade de marisco e con ameixa de moi bo tamaño.
En canto aos prezos en xeral houbo boas cotización para a ameixa fina e babosa e regular na xapónica. Con todo os peores presos foron os do berberecho. No caso de Redondela, o patrón Maior, Clemente Bastos amosábase satisfeito polos prezos que acadou a xapónica, de 10,40 a 6,5; a fina foi de 26,8 a 34; a babosa, 14; e o berberecho, de 1,4 a 2,8.