A iniciativa, ideada por un grupo de comerciantes e a propia Asociación de Empresarios, quere poñer o acento na implicación do pequeno comercio coas actividades culturais e festivas que se desenvolven no concello. Ampliarán o seu horario de peche habitual nunha noite de moita actividade pola elaboración das alfombras.
A véspera do día de Corpus é unha longa noite en Redondela que se vive con paixón e que gozan dende os máis pequeno, desexosos de que os maiores lles deixen estar ata altas horas da madrugada na rúa, como polos máis vellos do lugar que son quen de transmitir o seu bo facer neste formidable arte floral de elaboración das alfombras. O comercio da Vila, sensible as tradicións vive coa cidadanía esta celebración pero por vez primeira queren contribuír a esta celebración colocando cadeiras de cortesía nas rúas para que a cidadanía goce dos espazos públicos, das rúas e prazas nas que se elaboran as alfombras e propiciar momentos de descanso, de charla e de lecer. Os comercios contribuirán a dar mais vida ás rúas como xa o fan durante todo o día, e a diario, ampliando, en esta xornada, o horario comercial habitual. As cadeiras de cortesía que se colocarán nas rúas identificaranse cun lazo branco e unha flor e estarán a disposición de todos os que precisen dun intre de descanso.