Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inglés e música no campamento de verán da Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

Música, inglés, obradoiros, excursións, bailes, e xogos son algunhas das actividades que os nenos atoparán no campamento 2017 da Escola de Música de Chapela que este ano o centro educativo organiza en colaboración coa academia Big Stars English. O campamento, dirixido a rapazada de entre 3 e 11 anos desenvolverase na primeira quincena de xullo.

O obxectivo é que os rapaces teñan un espazo no que estar durante esa primeira quincena do mes na que están a gozar xa do seu tempo de vacacións. Co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar esta escola de música organiza esta actividade que, pro primeira vez, complementan con actividades didácticas en torno ao Inglés. Música  e inglés serán así as principais protagonistas   dentro das diferentes actividades pensadas para nenos de 3 a 11 anos, que serán repartido en diferentes grupos de idades. O campamento realizásese desde o día 3 ao 14 de Xullo en horario de 9 a 14 horas e ten un custe de 65 euros. As persoas interesadas poden  inscribirse  e informarse  nas oficinas da Escola de Música de Chapela, e Big Stars English Academy en horario de 17:00 a 21:00h ou nos teléfonos 986452244- 636124635. Por outra banda, durante toda esta semana a Escola de música ten en marcha unhas xornadas de audicións a cargo do alumnado da Escola, nas cales darán a coñecer os avances musicais realizado polos alumnos durante o curso 2017-2018. Todas as audicións realizásense na aula polivalente da propia escola, con entrada libre ata completar o aforamento.  

Begoña Rial directora Escola de música
Unha iniciativa en colaboración cunha academia de inglés

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará