Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia atrasos de meses nas citas de Servizos Sociais en Chapela

RR_Noticias

Os socialistas denuncian unha deficiente xestión continuada en Servizos Socias  que está ocasionando atrasos de ata tres meses nas citas e de bastante máis tempo na tramitación de axudas de emerxencia social. Alertan de que a situación podería empeorar coa chegada do verán “xa que moitos traballadores collen as vacacións que lles corresponden e verase agravado o problema da falta de persoal.

“Está problemática non é nova, todos os anos denunciamos a situación na que se atopa os servizos sociais pola falta de xestión do Goberno municipal do PP” engade a edil socialista Digna Rivas “en abril de 2015, houbo retrasos de tres meses nas citas e dun ano nas tramitacións de axudas de dependencia e de Renta de Integración Social de Galicia (Risga)”.
O edil socialista Digna Rivas declara “é indignante que os cidadáns que están a pasar momentos difíciles teñan que sufrir meses de espera cando o tempo é esencial para arranxar as situacións graves que atravesan moitas familias” engade “falamos de axudas que inclúen pagos de alugueiros para evitar desafiuzamentos ou pago de recibos de electricidade para evitar cortes de luz”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará