A comunidade educativa do IES de Teis quere renderlle unha homenaxe á familia de Daniel Beltrán Pinto, antigo alumno deste centro que foi asasinado o pasado sábado 24 na praia de Arealonga. Por este motivo organizan unha marcha solidaria que partirá o mércores ás 11:30 horas dende o Instituto ata o areal no que un disparo acabou coa súa vida.
O obxectivo desta marcha, á que están chamados a participar os alumnos e pais e nais do centro, é concienciar ao alumnado “que está profundamente conmocionado” de que a violencia só trae morte ademais de amosar o seu apoio, cariño e solidariedade coa familia de Dani, cuxa irmá é alumna de 4º de ESO deste centro educativo.