Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alba e Alonso, exemplo deportivo con tan só 9 e 11 anos

RR_Noticias

Alba leva dende os seis anos subíndose a unha moto para practicar o deporte que a apaixona, o motocross. Alonso, de nove anos, comezou tamén aos seis practicando Kickboxing no ximnasio de Arcade a pode xa presumir de triunfos nesta modalidade deportiva. Na xornada de hoxe foron recibidos no concello de Redondela polo edil de deportes Julio Mougán e a tenente de alcalde Carmen Amoedo.

Malia a súa xuventude compiten xa en campionatos a nivel estatal e internacional. Comezaron a practicar con tan só 6 anos de idade, no caso de Alba subida a unha moto mentres que Alonso apostou polo tatami. Afastados de deportes maioritarios como o fútbol e o balonmán, apostan por estas modalidades nas que xa despuntan con logros importantes. Presumen de éxitos deportivos pero tamén de bos resultados académicos (todo notables e sobresaíntes, apuntan). Uns logros que son resultado dunha intensa axenda na que compatibilizan os seus adestramentos cos seus estudos e outras actividades extraescolares. Para o edil de deportes, Julio Mougán exemplos como os de Alba e Alonso amosan a presenza cada vez máis numerosa en Redondela de novas modalidades deportivas” e comprometíase a apoiar dende o seu departamento a estes deportistas “haberá que estudar a posibilidade de incluílos nas axudas que se conceden dende a Concellería”. A tenente de alcalde, Carmen Amoedo, era a encargada de entregar aos rapaces uns diplomas ao mérito deportivos e animábaos a seguir traballando e adestrando.  

Alba piloto de motocross
Comezou con tan só 6 anos a subirse a unha moto
Alonso practica o Kickboxing
Apostou polo tatami xa dende os 6 anos
Julio Alonso edil de deportes
Comprométese a apoiar cada vez máis as disciplinas minoritarias
Carmen Alonso tenente de alcalde
A edil animou aos rapaces a seguir acadando triunfos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará