Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arturo González: Faremos todo o que estea na nosa man para que o terceiro carril non se abra

RR_Noticias

O Concelleiro de infraestruturas defende a construción do muro de formigón que vai separar a autoestrada do colexio Igrexa porque suporá unha medida de seguridade para o actual centro educativo e o seu alumnado “que aló menos e ata o seu traslado ao novo centro na finca da Ginaria seguirá nese colexio un ano máis” e terán que convivir un tempo co tráfico da autoestrada “do mesmo xeito que o levan facendo tres décadas”. Apunta ademais que os terreos do actual colexio “serán reutilizados para uso dos veciños e ese muro será unha protección para os que empreguen a parcela no futuro”.

Lembra o edil que o polémico muro de formigón faise co beneplácito da ANPA e nega rotundamente calquera tipo de coacción como si teñen denunciado algúns pais e nais así como a asociación de veciños e os grupos da oposición.  “Se lle explicou a realidade que é que entre a actual situación na que a autoestrada pasa a carón do colexio sen ningunha protección e a construción dese muro que protexería dun hipotético colisión dun camión de ata cen toneladas, supón unha melloría considerable” engade González. Lembra tamén que esta cuestión someteuse a votación na ANPA e que dende o Concello xa se solicitaron que ese terceiro carril “non forme parte do tránsito e que só sexa un carril de incorporación”. Asegura que “no caso de que queiran poñelo en funcionamento plenamente faremos todo o posible para impedilo”. Confía en que “os que buscan crear alarma social” non enfronten aos veciños e que a construción do muro se realice sen incidentes “porque é unha mellora en beneficio de todos”.  

Arturo González edil de infraestruturas
Unha obra aprobada pola ANPA do colexio
Un muro útil agora e no futuro
A parcela do colexio será reutilizada cando o centro sexa trasladado a finca da Ginaria
Intentarán evitar a apertura do carril
Tan só como carril de incorporación
Rexeita a alarma social
Confía en que o muro poida facerse sen incidentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará